Queiran ou non… Eurovisión

Visto o visto, tendo en conta que nunca tivemos a oportunidade de nos bater directamente en tan peculiar evento, e tendo como base todas esas cousas inmateriais que nos unen… hoxe, día de efeméride impronunciábel polas súas siglas, avogo polo seguinte: impulsarmos, dende xa, unha candidatura galaico-portuguesa para Eurovisión 2009. Eu xa teño candidato… imaxinades algún hit dos seus cos arranxos de quen, sen dúbida, tería o dereito moral de compartir escenario en tan magno evento? Temos todo un ano e unha Internet enteira para freakear (ollo ao palabro) sobre o tema. Conto coas vosas aportacións. A luva está lanzada.


One Response to 'Queiran ou non… Eurovisión'

  1. alema Says:

    é mellor unha candidatura propia para Galicia en exclusiva… divide e vencerás! (por que senón gañou Rusia?)