Crise

Compartía uns grelos con chourizo, unhas croquetas, queixo de tetilla e unha ensalada con nome de blog nun clásico local de Compostela cando os meus compañeiros de mesa e mais eu comezamos a falar… da crise. En síntese: a folga do transporte, o mar e, en pouco tempo, os labregos, é só o comezo da crise do sistema, provocada polo espectacular encarecemento do petróleo. Un crack, a creba total do noso modo de vida, a fuxida das cidades e a volta ás pequenas comunidades baseadas na agricultura de subsistencia. Catastrofismo? Botáronnos algo na masa das croquetas? En todo caso… imaxínano? E, o máis importante… Murcia e La Rioja… existen?

2 Responses to 'Crise'

  1. oko Says:

    que felicidade, sachando na horta e non chupando sesións no parlamento, non si?
    desgastar os cadrís versus desgastar a ialma

  2. cangas Says:

    es un crack, sentaríache ben o lejón eh? Oes, que eu en cangas village teño uns metriños sen plantar para o que goste! Por acá estílase, tamén, ir ao mar de noite, así que podemos alquilar unha planeadora e facer aventura fariñenta no mar 😉 Iso non é subsistencia?