Os Rastreros seguro que non pensaban nisto

Quizais era só cuestión de tempo: señora, a Xunta organizou unha tractorada. O certo é que, nestes tempos confusos que nos toca vivir, non sería máis de estrañar que moitos outros saraos do Goberno, pero isto en concreto (aínda) non pasou. Trátase dunha peregrinaxe a Compostela protagonizada por 24 tractores clásicos.

Nota mental 1: non lles lembra a ningunha obra pictórica, polo menos en espírito a foto de Otto, artista de AGN? Mirada ao horizonte, bandeira ao vento.

Nota mental 2: non sería un conselleiro de Medio Rural montado nun Massey Ferguson de época un bo cartaz para o vindeiro 25? Non é Barreiros, vale, pero… sempre poderá valer para unha campaña contra os incendios, recuperando o lema “Sorte para o País”, que un director xeral xa fixera célebre nos infaustos días do verán de 2006.

Nota  mental 3: que pensarán Os Rastreros?

4 Responses to 'Os Rastreros seguro que non pensaban nisto'

  1. mao-mao Says:

    Si, só que agora non se pode dicir iso de “Comisiós Labregas, en todas as aldeas”, porque non son fieis ao Comandante Miluchiño.
    Para cartaz do Día da Patria ía dicir eu que coa bandeira autoanémica non, pero visto a exhibición de constelacións azuis do upegallo-quintanismo, xa que máis ten.
    Lence, Lactalis, non pasarán!

  2. berto Says:

    que xenial post! 😀

  3. manel vazquez Says:

    moi boa reflexión. precisamos a forza e o espírito dos rastreros. hoxe máis ca nunca.

  4. Joám Garcia de Guilhade Says:

    Parece mentira que o poder poda até corromper algo como as tratoradas… ainda que esta seja umha corruçom a meias e só para manter uns modelos antigos como enfeites para o passeio dos nostálgicos. Da bandeira será melhor no opinar, mas Suares Canal sempre se autodefiniu como home de esquerdas, portanto, o escudo do Reino deve ser substituído pola estrela quando Espanha e a oficialidade o permitam como aconteceu com Galiza/galicia. Sempre hai cousas.

    Rastreros de Chantada volvede que com vós fôrom-se as tratoradas, mas nom as “asquerosas putas con moda de París, chupi jilipollas que vienen de Madrí”.