Caso De Juana: xustiza e outras cousas

La AVT cree que el Gobierno podía haber hecho más para evitar la salida de De Juana. Este e outros titulares semellantes puidémolos ler nos últimos días, des que se fixera público que Iñaki De Juana Chaos ía ser posto en liberdade logo de cumprir a súa condea por enaltecemento do terrorismo, a raíz da publicación de dous artigos no xornal Gara. Manifestantes, opinadores, radiopredicadores, propagandistas, vítimas profesionais e tamén vítimas das outras, das que perderon un fillo, un pai, un brazo ou unha perna por mor dos actos perpetrados por este membro da ETA expresaron e expresan o seu rexeitamento e indignación, ademais de pedir, por activa e por pasiva, que De Juana non volvese á rúa.

Ata aquí, nada casual. É de agardar que quen se vale do terrorismo para facer política-espectáculo non cambie de actitude, e tamén resulta lóxico que alguén que sufriu directamente os efectos dunha bomba ou un tiro na caluga non queira que o responsábel da súa desgraza non volva ver a luz do sol. Pero iso non é xustiza, nin aplicación das leis, nin o tan cacarexado Estado de Dereito. Iso é outra cousa: vinganza, Lei do Talión ou, simplemente, unha tentativa de traspasar ao xa viciado sistema xudicial os máis primitivos instintos do ser humano.  A Lei, ou as leis, aplícanse, ou débense aplicar, de igual xeito a calquera, aínda que sexa un asasino, unha persoa despreciábel ou un pobre que roubou unha pita porque tiña fame. E os poderes públicos, Executivo e Lexislativo, deben desenvolver as súas accións para a totalidade dos casos posíbeis, e non actuar ad hoc para tal situación, tal persoa ou tal coxuntura mediática. Iso, tamén é outra cousa.

Foto: Emilio Naranjo para EFE, en 20 Minutos

One Response to 'Caso De Juana: xustiza e outras cousas'

  1. oko Says:

    o “estado de dereito” leva anos actuando ad hoc para tal caso, véxase a lei de partidos, peches de xornais e demais familia
    xustiza perdeu o seu significado. xa non ten sentido pra uns nin pra outros