Din de Catalunya…

Ciutadans de Catalunya, ou máis ben Ciudadanos de Cataluña, é unha plataforma seica cívica creada, basicamente, para estar en contra da reforma do Estatuto de Autonomía catalán. Queren, disque “Oponerse a los intentos cada vez menos disimulados de romper cualquier vínculo entre catalanes y españoles. Y oponerse también a la destrucción del razonable pacto de la transición que hace poco más de veinticinco años volvió a situar a España entre los países libres“.
Leo en Galicia Hoxe (non atopo a ligazón da edición dixital) unha declaración de Albert Boadella, cómico que, coma outros moitos, leva como bandeira a súa loita antifranquista, e segundo quen o nacionalismo vén sendo algo contraposto á democracia. Vaia por diante que non me gusta demasiado meterme en asuntos doutras terras, mais como isto é algo xenérico e falar é de balde, aí vamos. Que eu saiba, unha ideoloxía que promulga como fundamental o dereito dun pobo determinado, neste caso o catalán, a decidir o seu futuro libremente, moi antidemocrático non semella.
Coido que é bastante triste que unha formación naza para ir contra -e só para iso- dun proxecto avalado, nun principio, polo 90% dos representantes dos cataláns baixo a excusa de que moitos dos cidadáns de Catalunya non se senten representados polos partidos do arco parlamentario e menos polo Goberno da Generalitat -na altura da fundación desta plataforma, formado por PSC e ERC-. O Estatuto catalán chegou a Madrid, aplicóuselle a garlopa e o PSOE tirou pola rúa de CiU. Aínda así, os posicionamentos desta xente non variaron o máis mínimo.
Máis triste aínda semella, se os seus principais argumentos xiran en torno a un rexeitamento obsesivo do nacionalismo, aludindo á súa orixe mítica e a truculentas intrigas e corruptelas propias dunha das mañás máis inspiradas de Fede Losantos.

Que haxa quen estea en contra do nacionalismo, perfecto. Que haxa quen estea a favor, mellor aínda. Pero que alguén monte unha plataforma con pretensións partidarias para aglutinar aos que se senten españois, para ir en contra e nada máis, pouco construtivo semella. Menos construtivo é que empreguen de xeito propagandístico a agresión sufrida por Arcadi Espada, un dos seus membros. Moi pouco miolo ten quen defende as súas ideas a labazadas, mais pouco miolo ten tamén quen xustifica a validez dos seus postulados nas agresións que recibe pola súa causa.

6 Responses to 'Din de Catalunya…'

  1. xávi Says:

    Que peninha dam, e logótipo com a divisom provincial… xD

  2. Lucensismo e outros males Says:

    […] Eu non digo nada, de feito xa hai un tempo que comentei cousiñas sobre o (agora) partido en cuestión. Pois agora o do partido non-nacionalista e que eu saiba nada máis, presentan o seu cartaz electoral. O candidato sae espido. A min personalmente paréceme que presentarse a unhas eleccións facendo a chirigota non é o máis acaído… si, xa sei, é algo provocativo. Mesmo moderno, se me apuran. Pero, para min, por se quedaba algunha dúbida, agora confírmase… cando o principal que ten que ofrecer un partido, ademais de “non ser” é saír en pelotas no cartaz electoral… malo. En fin. […]

  3. unha Says:

    Empezo a estar un tanto farta da política que hai neste puto país, chamémoslle España, Galiza ou como si se quere considerar país da Fonsagrada ata A Cañiza, me da igual.
    Paréceme estupendo que haxa xente que defenda e reivindique a súa cultura. Eu vou polo mundo adiante orgullosa de ser galega e de falar o galego pero aquí á mínima te encasillan e te meten nun molde. Se defendes a unidade de España, eres un facha, eres igual que Franco, un nazi e un…carca casposo.
    Estamos pasando dun extremo cara o outro sen darnos nin conta, aquí pode haber unha convivencia de culturas que contribúan a riqueza da actualidade pero todo eso que viva en armonía e equilibrio.
    Calquera dos dous extremos son viciosos e non por defender unha cousa, se está manifestamente en oposición á outra porque nese caso, estaremos defendendo o mesmo discurso que defende Bush e que é que ou se está con el ou contra del. Somos todos iguais e acabouse, para min non hai outra postura igual. O que sí me parce é que Galiza en canto a falar galego e preservar a súa cultura é un pouco godallas. Se o círuclo da Mourenza estivera en Catalunya dudo que lle plantaran por riba unha autovía, igual que sucede coas antiguidades dos romanos en Lugo ou moitas outras cousas.
    Volvendo ó tema, calquera manifestación política e ideolóxica, sempre e cando non faga apoloxía da violencia, é tan respetable coma as demáis. Axuda a enriquecer a oferta polítca e cando digo oferta sei o que digo porque é un negocio e é coma se eu decido facer a compra no gadis ou no Carrefour. O mesmiño.
    –>que alguén monte unha plataforma con pretensións partidarias para aglutinar aos que se senten españois. É algo totalmente democrático, lícito e aínda por riba quitoulles votos ó PSOE.
    O Estatuto foi aprobado polo 90% dos represntantes políticos pero nin dios sabe de que vai e en canto á súa aprobación non votou nin o apuntador.
    As cousas, dependendo de como se digan, cambian moito.

  4. jessicaholin Says:

    It can assist men with this disorder in achieving and maintaining an erection during sexual activity
    BUY LOW-COST LEVITRA ONLINE

  5. Phentermine without prescription. Says:

    Phentermine without prescription….

    Phentermine without a prescription. Phentermine without prescription. Phentermine with out prescription. Phentermine no prescription. Buy phentermine online without prescription….

  6. Ambien. Says:

    Ambien and pregnancy….

    Ambien latest side effects….