Premios a esgalla

Recortes Premios Galicia Comunicación

Son algo menos de tres anos os que separan estes dous recortes. O primeiro corresponde a finais de 2006, cando o por, naquela altura, “Novo Goberno“, daba os seus primeiros pasos. O segundo, está tirado dun DOG de hai uns días, e convoca unha nova edición duns galardóns que nos van custar 43.990,36 euros. Nunca me poderá parecer ben un premio xornalístico que proveña dun Goberno, sexa este do cor que sexa e veñan as propostas de onde veñan -agora deben ser enviadas polos autores dos traballos ou por  persoas e/ou entidades que consideren a un terceiro merecedo do galardón-. E é que, na democracia mediática (que vén de “medio”, pero tamén podería vir de “medo”) na que vivimos, o que menos falta fai é unha ligazón de vasalaxe, servilismo, peche de bocas, adulación barateira ou palmadiñas nas costas entre Executivo e empresas de comunicación. Subvencións, premios e medios públicos. Novo Goberno, cambio(?).

3 Responses to 'Premios a esgalla'

  1. chuza.org Says:

    A hemeroteca confirma a hipocrisía da Xunta cos medios…

    23 de setembro de 2005, Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación, Presidencia da Xunta de Galiza: ‘…a partir del próximo año, La Xunta no concederá ningún premio a los periodistas para evitar su “docilidad”…’. Setembro de 2008, D…

  2. Ara Says:

    Sen comentarios

    Deberamos empezar a pensar que neste país, as cousas nunca van cambiar…

  3. feiranta Says:

    dalles caña, Lughés! 😀 eu é que xa merquei un traxe de noite para ir recoller o meu. Se queres vir comigo, tes que traer pajarita. No digo más…