Case seguro…

X

Con todas as cautelas que estes asuntos merecen e, a falta de explicacións de condicións, sinaturas e demais. Isto é: collido con alfinetes, polo menos de momento, penso que podemos asegurar que O’Xirarei xa non busca traballo. Coido que xa volo dixen á maioría, pero que conste en acta: grazas. Polas chamadas, por preocuparvos, por poñervos no meu lugar e por tentar, cada un na medida das súas posibilidades, unha manciña nese momento que resulta calquera cousa menos doado. Contareivos máis cando lle poidamos quitar as cautelas ao asunto.

Nota  mental 1: traeríame boa sorte? E é que o escenario para recibir a boa nova non puido ser mellor…

Nota mental 2: moitos, moitos parabéns. As penas con pan son menos, e as alegrías con compaña son máis.

Nota gráfica: o X do de aí arriba inventeino eu.

3 Responses to 'Case seguro…'

  1. mao-mao Says:

    ..rprarpraréncheme-de-orgullo-esatistaznrprprprpr..
    que diría DonMa!
    Hai que celebralo:
    http://www.pulperiasaurora.com/historia.html
    (non desaproveitar o dictum do alambique)
    http://elprogreso.galiciae.com/nova/17898.html
    (erro de interpretación dun xornalista colonizado: é Celtic Lover!!!)

  2. feiranta Says:

    DAME UNA X!!

  3. O'Xirarei Says:

    WordPress comeu de cea 8 comentarios, e moi riquiños todos. Vaia pola Virxe… 🙁