Lo que como, lo que bebo, calcio de leche… ahhh!

Adriana Ozores

Un dos efectos de escoitar a radio mentres fas o mesmo percorrido á mesma hora durante moitos días é que, sen demasiado esforzo, rematas por familiarizarte e mesmo por saber de memoria as cuñas que, na mesma orde, se emiten nas pausas publicitarias. Unha delas, que a SER adoita emitir antes do boleto das 10, ponme especialmente nervioso e gustaríame compartila con vós, para saber se un é moi repunante (sen -g-) ou se, efectivamente, esta cuña –>Cuña terrible de Leche Pascual protagonizada por Adriana Ozores, as súas reflexións de madurez e os seus ruídos bucais enervan ao máis pacífico. Todo isto, aderezado cunha guitarriña que incita á agresividade matutina Se un día destes hai un altercado entre automobilistas nas entradas da Coruña, quizais a indemnización a teñan que pagar, a pachas, Adriana Ozores e Leche Pascual.

Nota ao pé: desculpade pola calidade do son, a gravación está feita cun teléfono e en movemento no Feiranta-móbil.

5 Responses to 'Lo que como, lo que bebo, calcio de leche… ahhh!'

  1. feiranta Says:

    fáltalle un berro Pezón no medio para ser friki de verdá… ai, que viaxes.

    – no lo tengo, no lo poseo
    – ahí le quería ver yo llegar, viejo verrrde
    – si, nuevas, frescas como la verdura

    PD: cada un ten as súas propias teimas 😉

  2. oko Says:

    é un pouco parvo, si. pero sen máis…
    non te estarás a volver obsesivo coas cuñas ozorianas?
    😉

  3. feiranta Says:

    Oko, si (o de obsesivo)
    no digo másss
    😛

  4. O'Xirarei Says:

    Aquí o caso é rajar das personas impunemente 😛 E de facer ruídos bucais pola radio, impunemente tamén 😉

  5. Mescalito Says:

    No man! Ni caso… no estás solo!!!

    Son las 10 y cinco de la mañana y me he metido en internet para buscar respuestas y sobretodo alguien que por favor me entienda. Todavía tengo los pelos de punta. Todos los días oigo ese anuncio, creo que no existe una cuña de radio peor desde hace mucho… que grima da, que cursilez, que…

    y de verdad que he metido en google “adriana ozores leche pascual anuncio radio” y he llegado hasta aquí. Me alegro de empatizar con alguien 😛 Y encima he visto que aquí tus colegas no conectan contigo en esto así que aquí me tienes compartiendo tus penas.

    Animo tio, saldremos de esta, dejarán de transmitir la cuña alguna vez y eventualmente dentro de mucho tiempo se convertirá solo en un mal sueño lejano