O que cansa traballar, oiga

Moitos pensadores e filósofos deixaron ben claro que o traballo mata através de sentenzas como “traballar eu? traballar é o último, antes morrer!”. Pois hai quen, coma quen lles fala, en alarde de imprudencia, fai ouvidos xordos a tan sabias advertencias e se pon a practicar, isto é, traballar para que o día de mañá poidas traballar (máis ou menos). Logo de dous meses e pico longos sentado, ir para arriba, logo para abaixo, preguntar, escribir, corrixir, falar… cansa algo ou moito. Conste que xa caeron algúns mitos, levo máis de 24 horas e aínda non fixen ningunha fotocopia e non levei café ningún. E fixen o que me gusta, agora ben, como cansa. Hoxe vou durmir como un santiño ou un bebé, elixan vostedes.

6 Responses to 'O que cansa traballar, oiga'

  1. romano de tempada Says:

    non lle tocaría a vostede, por un casual, pór a voz á actualidade informativa da xornada, aí pola hora na que a xente se axunta para o ritual da cea???

    é que fontes familiares insinuaron ter sido testemuñas de algo así, e non podo ficar coa intriga de non saber se é que podo escoitalo dende esta nosa cidade

  2. oko Says:

    eu aínda non puiden oilo! retransmíteno no morrazo tamén ou aquí facemos control de calidade? jajajajaja
    estarei atenta, prométollo!!!

    asinado: a señorita que fala coa concelleira das cacas de cans

  3. madeleine Says:

    jajaja pois eu sí que teño a miña audiencia ;P jeje moi divertido non cre? Aver se o escoito, aver (si me apetece, claro)

  4. O'Xirarei Says:

    Miña nai querida! mellenadeorgulloysatisfación jaja. Pois si,teño que dicirlles que se pode escoitar alén-Compostela, incluíndo esta, nosa cidade e Cangas del Porrazo. Como ben afirma o señor Modesto, hoxe tiven mortos e máis mortos.

  5. Lucensismo e outros males Says:

    […] Ai, que cansanzo. Non, señora, non desaparecín nin fiquei devorado polas ondas (polo menos ata o de agora). Pero é que estes días foron moi intensos do noso Señor, ata o punto de non mirar o correo nin o blog en días e nin lembrarme, mire vostede. Dende o venres pola tarde e ata onte mesmo, quen lles fala estivo en Ortigueira. Sempre me pregunto por que vou, o malo é que sempre o fago cando estou alí. As aglomeracións rematan por aburrirme e rebéntame (moito) que nun festival que lle chaman do Mundo Celta cada vez haxa máis bakaladeros (e derivados) deses, carpas tecno e xente que substitúe o licor-café e derivados por merda química. Malia todo, hai que dicir que ese sitio segue tendo un non-sei-que. Este ano faltoume gozar dalgún concerto máis, pero élles o que ten a vida do bolseiro ou cuase-traballador, hai que ir cando se pode e marchar cando se debe. Vou durmir. […]

  6. Wellbutrin xl side effects. Says:

    Wellbutrin xl….

    How take together wellbutrin lexapro. Celexa lexapro wellbutrin. Wellbutrin xl. Wellbutrin….