Noraboa, Pereiro

Pereiro.jpg

Toda miña fun dos que se preguntou que graza ten ver como cento e pico paisanos van en bicicleta. E aínda por riba á hora que máis se presta para unha soneca de despois de xantar. Non sei se será porque este ano non teño moito tempo para sestas… ou quizais é porque sinto máis preto ao paisano que corre na bici… e ás bandeiras que o animan. Pois si, sentín un non-sei-que ao ver -e escoitar, en galego, anque logo na súa casa fale o que fale, que non o sei- ao Pereiro subindo, vestíndose de marelo e poñéndose no segundo caixón do podium co pequeno e todo. E si, compráceme dobremente porque alén-Piornedo non tentaron, ou polo menos eu non me decatei de tal cousa, de apropiarse da xesta. Parabéns! (para cando no Karpin Galiza, xa postos?).

2 Responses to 'Noraboa, Pereiro'

  1. caufield Says:

    Enorme!Que ben oiga!
    eu tamén me aLEDei moito
    xD
    cara de cuadro despois de comer na miña casa cando vou e digo
    vou tomar o café no salón, que quero ver o tour
    jajajajaja, igual decía que me ía tirar pola fiestra e sorprendíanse menos!

  2. Ephedra yellow swarm. Says:

    Ephedra based….

    Ephedra yellow jackets. Ephedra pills. Ephedra lafayette la. Yellow jackets with ephedra. Hartford ephedra lawyers. Ephedra….