Hooligans parlamentarios

PP Hooligans.jpg

Estes días, por razóns que moit@s de vostedes poderán adiviñar, tiven contacto coa estratexia política e parlamentaria dalgúns dos señores que poden ver na imaxe. Son dos primeiros que di que a Xunta cometeu erros durante a vaga de lumes, que hai que aclarar as cousas o máis posíbel e atopar solucións para que o monte galego deixe de ser o escenario perfecto para os incendiarios. Mais, sinceramente, considero unha falta de respecto, como cidadán, como persoa que, cun imposto aquí ou cunha taxa pública alá, dota de fondos ás institucións públicas, que certos elementos vaian ao Parlamento facer a chirigota, ou dean roldas de prensa dicindo que postos a pensar, igual son os ecoloxistas os que lle prenden lume ao monte para acabar cos eucaliptos e de paso trasladar ENCE. Semella vergoñento, tamén, que logo da comparecencia dun Conselleiro, haxa quen se dedique ao chascarrillo barateiro. Todo isto conclúe nunha estratexia de hooligans políticos que non sei onde pode rematar.

(Na imaxe, algúns dos hooligans trazexando a estratexia parlamentaria para os vindeiros días)

6 Responses to 'Hooligans parlamentarios'

  1. xabre Says:

    Non hai moito que trazexar. Resúmese en 3 palabras: mentir, mentir e mentir.

  2. Espiño Says:

    O que non salva é que se identifican cunha bandeira foránea, aínda que a merda a teñamos aquí metida! E eu pregúntome: como pode haber xente que a poña cachonda Núñez Feijoo? “Eu estou loca”

  3. Espiño Says:

    O que nos salva, quería dicir

  4. A Randeeira Says:

    Como non vai ter tantos admiradores Nuñez Feijoo, se polo visto agora descubriuse que tódalas mulleres galegas votan por Xosé Manuel Barreiro polo seu atractivo físico. Mitín de fai unha tempada en Sarria, anda polo youtube.

  5. xabre Says:

    O sex-aquel de D’Hont Manuel non o iguala ninguén.

  6. Tagamet. Says:

    Tagamet….

    Tagamet….